Enxeñería tecnolóxica.

Servizodeenxeñeríatecnolóxica.

Ingenieria_render de proyecto de retail
Qué facemos por ti?

Proxectos tecnolóxicos adaptados as túas necesidades e exentos de complicacións.  

Os nosos enxeñeiros falan o teu mesmo idioma, escóitante e saben comprender as necesidades tecnolóxicas que require a túa organización, sexa cal sexa o teu nivel de dixitalización actual e o sector no que operas.  

No noso servizo de enxeñería tecnolóxica, analizamos as diferentes áreas do teu espazo e propomos un modelo aspiracional personalizado coas solucións e posibilidades máis creativas e innovadoras.  

Imos ao teu carón no camiño hacia a transformación dixital, para que non atopes obstáculos e estea totalmente adaptado a ti e as túas necesidades.  

Qué nos diferencia

Contamos con experiencia e know-how para acertar co teu proxecto tecnolóxico e facer sinxelo o complexo.  

  • Coñecemos e comprendemos os sistemas e solucións máis novedosos do mercado para dar resposta a calquera situación. 
  • Dispomos dun equipo adicado de 30 persoas, composto por enxeñeiros e técnicos especializados.  
  • Expertos en integración tecnolóxica.  
  • Somos proactivos na xestión dos teus sistemas, facendo todo o posible para facilitar a súa utilización.  

O noso proceso Design&Build

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.

Escoitamos

Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios. 

Inspiramos

Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que aporte valor ao teu espazo, determinando prazos e costes. 

Elaboramos

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais. 

Nutrimos

Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando surxa calqueira necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.

Sectores aos que nos diriximos

A nosa pasión pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.