Retail

ProxectosDesign&Buildparatendasecentroscomerciais.

integración tecnológica en proyecto de retail
Que facemos por ti?

Os espazos comerciais de mañá, creados hoxe.

Levamos a cabo proxectos integrais e reformas para tendas e centros comerciais.  

Tanto se queres dar vida a un novo proxecto comercial como adaptarte ás cambiantes tendencias da industria Retail, o noso equipo Design&Build é capaz de desenvolver propostas innovadoras nas que un deseño inspirador e solucións tecnolóxicas de última xeración son a combinación perfecta para desmarcarse.  

Construímos espazos que xeren o máximo impacto e fidelicen ao teu público a través de experiencias únicas.  

 

Os novos retos do Retail 

Nun sector que evoluciona a pasos de xigante e cun consumidor cada vez máis esixente, o motor para emerxer con máis forza é un espaznovidoso e diferencial que permita: 

  • Servir como lugar de encontro e conexión directa entre a marca e a comunidade 
  • Promover a omnicanalidade e crear experiencias de usuario únicas 
  • Informar e educar aos consumidores 
  • Reforzar a identidade e posicionamento da marca 
  • Obter información e métricas de preferencias e hábitos de consumo 
A nosa metodoloxía

Un proceso flexible e áxil 

Promovemos a comunicación cos nosos clientes a través dun único interlocutor, pero cun equipo multidisciplinar traballando de forma colaborativa e preparado para reaccionar e adaptarse áxilmente ante calquera circunstancia.  

Escoitar

Por experiencia, falamos o mesmo idioma que os nosos clientes e comprendemos as súas inquietudes. Na primeira fase do proxecto, preocupámonos por coñecer os seus obxectivos, necesiades e gustos.

Inspirar

Propomos ideas que encaixen estratéxica, estética e economicamente co propósito do proxecto, pero traballando de forma colaborativa co noso cliente.

Elaborar

Collemos as rendas da execución do proxecto, levando a cabo tódolos procesos (construción, transporte, montaxe) coa máxima seguridade, calidade e enxeñería de valor.

Nutrir

O noso traballo non remata cando entregamos a chave do novo espazo, senón que tamén buscamos a excelencia a longo termo, cultivando unha relación no tempo para estar preto do cliente cando sexa necesario.

Outros sectores

Ofrecemos un servizo integral e altamente especializado

Oficinas

Contornos motivadores, dinámicos e innovadores.

Build to rent

Espazos eficientes e preparados para vivilos con intensidade.

Educación

Escenarios que fomentan a aprendizaxe e o desenvolvemento individual e colectivo.