EnSutegadeseñamoseconstruímos
sen límites.

Convertemos en realidade espazosquesoamente aimaxinaciónpodecrear.
Que facemos?

Á vangarda do deseño e da innovación, realizamos proxectos de arquitectura interior a medida. 

En Sutega somos especialistas en desenvolver e adaptar espazos creativos, funcionais e contemporáneos para que sexan un éxito en calquera sector.  

Deseñamos

Un equipo de arquitectos e enxeñeiros traballan na planificación e no deseño desde un punto de vista estratéxico. Know-How, talento e ilusión para afrontar cada proxecto de deseño e construción de forma totalmente personalizada.

Construímos

Xa sexa unha transformación integral ou un fit-out, encargámonos de dirixir e executar cada proxecto coidando tódolos detalles e tendo capacidade para reaccionar ante os imprevistos en tempo real e coa máxima enxeñería de valor.

Equipamos

Solucións innovadoras de mobiliario e tecnoloxía, fabricadas a medida ou seleccionadas entre as mellores marcas do mercado. Somos interioristas expertos en crear atmosferas únicas.

A nosa metodoloxía

Somos un sastre a medida no resultado, pero tamén no proceso. 

nosa metodoloxía é transparente e colaborativa, pero sobre todo é flexible e axil. Un único interlocutor comunícase directamente co cliente, pero todo un equipo multidisciplinar traballa polos intereses do proxectoaportando enxeñaría de valor en todas as fases.  

 

Escoitar

Por experiencia, falamos o mesmo idioma que os nosos clientes e comprendemos as súas inquietudes. Na primeira fase do proxecto, preocupámonos por coñecer os seus obxectivos, necesidades e gustos.

Inspirar

Propomos ideas que encaixen estratéxica, estética e economicamente co propósito do proxecto, traballando de forma colaborativa co noso cliente.

Elaborar

Collemos as rendas da execución do proxecto, levando a cabo tódolos procesos - construción, transporte e montaxe – coa máxima seguridade, calidade e enxeñería de valor.

Nutrir

O noso traballo non remata cando entregamos a chave do novo espazo senón que tamén buscamos a excelencia a longo termo, cultivando unha relación no tempo para estar preto do cliente cando sexa necesario.