Sociosanitario

ProxectosdeDesign&Buildparaosectorsociosanitario

dormitorio en residencia de mayores luminosa y adaptada
Que facemos por ti?

Atmosferas acolledoras e confortables ao servizo das persoas.

Queremos acompañarte na creación do teu centro de atención a persoas ofrecendo un servizo integral de principio a fin, desde o deseño á decoración, coa garantía de compromiso, profesionalidade e calidade de Sutega.  

O noso equipo dedicado e especializado, con máis de 30 anos de experiencia materializando proxectos e reformas en hospitais, clínicas ou residencias de maiores, dá resposta ás inquietudes e necesidades particulares da túa organización, dos teus traballadores e dos teus usuarios.  

Escoitámoste e asesorámoste, facendo realidade o proxecto que buscas, totalmente personalizado para ti.  

 

Espazos únicos onde cada detalle conta 

Entendemos cada centro sociosanitario como un lugar con identidade propia. Buscamos a harmonía no seu conxunto, combinando talento coñecemento de deseño e interiorismo. 

  • Planificación para optimizar o espazo disponible e cumprir coa normativa vixente 
  • Deseño e equipamento de tódalas estancias, tanto das médicas e técnicas como de espazos comúns e residenciais 
  • Selección de mobiliario e téxtiles que mellor responden ás demandas funcionais e estéticas 
  • Solucións tecnolóxicas para facilitar o día a día de traballadores e usuarios 
A nosa metodoloxía

Un proceso flexible e áxil 

Promovemos a comunicación cos nosos clientes a través dun único interlocutor, pero cun equipo multidisciplinar traballando de forma colaborativa e preparado para reaccionar e adaptarse áxilmente ante calquera circunstancia.  

Escoitar

Por experiencia, falamos o mesmo idioma que os nosos clientes e comprendemos as súas inquietudes. Na primeira fase do proxecto, preocupámonos por coñecer os seus obxectivos, necesidades e gustos.

Inspirar

Propomos ideas que encaixen estratéxica, estética e economicamente co propósito do proxecto, pero traballando de forma colaborativa co noso cliente.

Elaborar

Collemos as rendas da execución do proxecto, levando a cabo tódolos procesos (construción, transporte, montaxe) coa máxima seguridade, calidade e enxeñería de valor.

Nutrir

O noso traballo non remata cando entregamos a chave do novo espazo, senón que tamén buscamos a excelencia a longo termo, cultivando unha relación no tempo para estar preto do cliente cando sexa necesario.

Outros sectores

Ofrecemos un servizo integral e altamente especializado

Oficinas

Contornos motivadores, dinámicos e innovadores.

Grandes instalacións

Grandes proxectos para grandes espazos.

Hoteis

Hoteis que transmiten autenticidade e promoven experiencias memorables.