Solucións Dixitais e Tecnolóxicas
Servizodesoluciónsdixitaisetecnolóxicas.
Solucións dixitais diferenciais que maximicen a súa usabilidade e xeren o máximo impacto.
Seleccionamos, fabricamos e posteriormente instalamos as solucións tecnolóxicas máis axeitadas, de forma que sexan imperceptibles á vista e que o seu manexo sexa sinxelo para o usuario.
Sistemas audiovisuais, IoT, sensores interactivos, iluminación técnica e decorativa, telecomunicacións, eficiencia enerxética, acondicionamentos acústicos… Un sinfín de posibilidades para a dixitalización de espazos de todo tipo en diversos sectores.
Propomos as solucións tecnolóxicas que terán un rendemento óptimo no teu espazo.
Somos capaces de dar unha solución totalmente personalizada, sexa cal sexa o grao de dixitalización a alcanzar e o sector no que operen os nosos clientes.
- Somos fabricantes de pantallas LED. Podemos facelas á medida de cada espazo.
- Temos acordos exclusivos cos principais fabricantes da industria audiovisual, así como certificacións oficiais para instalar os seus produtos.
- Dispoñemos de instalacións propias para a produción, almacenaxe e transporte dos dispositivos, asegurándonos de que a súa manipulación e o seu funcionamento sexan correctos.
- Contamos con experiencia en solucións tecnolóxicas para diferentes sectores, como Workplace, Hospitality ou Retail.
Design&Build
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores.
Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calqueira idea en realidade.
O noso proceso Design&Build
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.
Escoitamos
Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios.
Inspiramos
Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.
Elaboramos
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais.
Nutrimos
Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.
Solucións tecnolóxicas diferenciais.
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores. Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calquera idea en realidade.
Proxectos relacionados.
Telefónica La Cabina: carpintería a medida y mobiliario de oficina en Madrid
Senado de España: proyecto de solución tecnológica en Madrid
Santalucía: auditorio Design and Build en Madrid
Pazo A Toxeiriña: iluminación y decoración en Pontevedra
Salud y Forma Medical Esthetic: Design and Build en centro de estética en Madrid
Sectores aos que nos diriximos.
A nosa paixón pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.