Reformas e obras chave en mano
Servizodereformaseobraschaveenmano.
Construímos espazos coa profesionalidade, axilidade e flexibilidade que demanda a excelencia.
Encargámonos da coordinación, execución e control total para que non teñas que intervir para obter un resultado excelente.
Xa sexa para construír un espazo desde cero, unha reforma integral ou un fit-out, o noso departamento de obra, dirixido por un Project Manager dedicado, encárgase de tódolos traballos de principio a fin.
Un proceso sistematizado no que existe unha colaboración constante co resto de departamentos e co cliente, permitindo responder ás incidencias en tempo real e asegurar o cumprimento de prazos e custos previstos.
Proporcionamos servizos de construción, rehabilitación integral e proxectos en formato chave en mano.
Tódolos recursos humanos e técnicos propios e a profesionalidade e experiencia necesaria para un resultado que supera as expectativas dos nosos clientes.
A colaboración entre o equipo de Obra e os equipos de Estudos, Deseño e Loxística é a chave para proporcionar unha enxeñaría de valor sen precedentes.
- Metodoloxía Design&Build probada para asegurar a coordinación entre departamentos durante tódalas fases, achegando a máxima flexibilidade, axilidade e eficiencia aos proxectos de obra.
- Equipo propio de arquitectos, aparexadores e profesionais da construción con experiencia en diversos sectores.
- Dispoñemos de especialistas para levar a cabo o estudo técnico e a tramitación de licenzas.
- Proximidade e implicación dun Project Manager dedicado, que actuará como único interlocutor durante todo o desenvolvemento.
- Valores de transparencia, profesionalidade e compromiso de excelencia e calidade nos traballos e nas entregas.
Design&Build
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores.
Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calqueira idea en realidade.
O noso proceso Design&Build
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.
Escoitamos
Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios.
Inspiramos
Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.
Elaboramos
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais.
Nutrimos
Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.
Impulsa o teu proxecto connosco.
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores. Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calquera idea en realidade.
Proxectos relacionados.
Planet Fitness Fuenlabrada: proyecto de obra para centro deportivo
Campus Tecnológico Cortizo: proyecto de obra y equipamiento
Policlínico HM Ronda de Nelle: proyecto de obra y construcción
Hines: proyecto de obra y mobiliario en oficina en Barcelona
Bibus Spain: proyecto de obra y equipamiento para oficina
Sectores aos que nos diriximos.
A nosa paixón pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.