Servizo operacional e loxística

Servizooperacionaleloxística.

almacén logística y operaciones
Que facemos por ti?

Un servizo para mellorar a produtividade dos teus procesos e a competitividade do teu negocio.

Dirixido a empresas nos sectores Contract, Retail e Hospitality, trátase dun servizo totalmente personalizado para proporcionar a mellor solución en cada caso, sempre cun equipo dedicado e con recursos técnicos propios.

Con espírito innovador e a máxima axilidade e seguridade, contribuímos a que os nosos clientes poidan centrar os seus esforzos nas actividades esenciais.

Servizos operacionais e de loxística que abarcan desde o transporte, o almacenamento e a xestión de activos ata o mantemento de instalacións.

Que nos diferencia

Compromiso, innovación, calidade e sostibilidade son os piares do noso modelo de traballo.

Estes permitíronnos converternos no partner loxístico de confianza en moitas organizacións para o desenvolvemento das súas actividades secundarias. 

  • Equipo propio de máis de 60 persoas, cualificadas e certificadas para intervencións especiais.
  • 35.000 m² para almacenaxe de activos dos nosos clientes.
  • Frota propia para unha maior axilidade e control.
  • Sistema personalizado para a xestión de pedidos e incidencias.

O noso proceso Design&Build

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.

Escoitamos

Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios.

Inspiramos

Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.

Elaboramos

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais. 

Nutrimos

Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.

Sectores aos que nos diriximos.

A nosa paixón pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.