Integración de sistemas tecnolóxicos

Servizodeintegracióndesistemastecnolóxicos.

Integracion Tecnológica smart control para oficina
Que facemos por ti?

Sistemas tecnolóxicos en espazos intelixentes, funcionando como un só e listos para ser empregados.  

Facemos a posta en marcha e a integración dos dispositivos audiovisuais, IoT e resto de sistemas da contorna dixital para que esta funcione de forma sincronizada, controlada e simplificada.  

Tódalas nosas integracións tecnolóxicas as materializamos a partir do modelo de enxeñería deseñado ad-hoc tras unha minuciosa toma de requisitos, necesidades e consultoría.  

Dispoñemos de tódolos recursos técnicos e humanos para dar un servizo completo que inclúe programación, elaboración de contidos, formación a usuarios, soporte e mantemento. Todos eles personalizados.  

Instalamos e interconectamos tódolos teus sistemas tecnolóxicos, sexa cal sexa a súa orixe ou tipoloxía.

Que nos diferencia

Conseguimos que a tecnoloxía non se vexa e non se complique, pero se sinta e se poida usar de maneira sinxela.  

  • Recoñecidos integradores tecnolóxicos. 
  • Máis de 20 profesionais especializados en solucións audiovisuais e certificados polas marcas máis recoñecidas da industria AV.  
  • Coñecemento exhaustivo de cada produto e de como integrar os seus compoñentes para dar vida ao modelo deseñado.  
  • Interpretamos o proxecto no seu conxunto, para cumprir coas necesidades tanto dos usuarios como das organizacións.  

O noso proceso Design&Build

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.

Escoitamos

Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios. 

Inspiramos

Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.

Elaboramos

Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais. 

Nutrimos

Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.

Sectores aos que nos diriximos.

A nosa paixón pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.