Deseño e arquitectura interior
Servizodedeseñoearquitecturainterior.
Creamos contornas únicas nas que vivir un futuro mellor.
Seguindo a metodoloxía BIM, o equipo de Deseño traballa en estreita colaboración con Estudos, Obra e Interiorismo para obter en tódalas fases do proxecto o máximo valor en canto a rentabilidade, optimización do espazo e produtividade.
O resultado final deste proceso creativo é unha proposta visual, modelada en 3D coas ferramentas dixitais máis innovadoras, na que se reflicte dunha forma moi realista como será o novo espazo.
Propostas innovadoras nas que a estética está en perfecta sintonía coa funcionalidade e a sustentabilidade.
Deseñamos proxectos de arquitectura interior que se adaptan ao 100% ás túas necesidades particulares ou empresariais.
O noso equipo de Deseño está composto por arquitectos con ganas de romper co convencional.
Seguimos un proceso de deseño de interiores colaborativo e áxil, no que tódolos equipos están involucrados, e tamén o cliente.
- Coordinación interdepartamental durante tódalas fases para proporcionar unha enxeñaría de valor e un resultado óptimo
- Equipo propio de arquitectos con experiencia en metodoloxía BIM para unha visualización en 3D
- Profesionais acreditados en WELL para asegurar que os espazos están pensados para o benestar das persoas
- Os nosos interioristas posúen un extenso know-how sobre o produto, o que nos permite incluír en cada proposta a solución que mellor responderá
- Ademais do deseño de espazos, brindamos a posibilidade de levar a cabo o estudo técnico e a tramitación de licenzas
Design&Build
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores.
Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calqueira idea en realidade.
O noso proceso Design&Build
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.
Escoitamos
Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios.
Inspiramos
Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.
Elaboramos
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais.
Nutrimos
Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.
Impulsa o teu proxecto connosco.
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores. Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calquera idea en realidade.
Proxectos relacionados.
Santalucía: auditorio Design and Build en Madrid
Getafe CF: proyecto Design and Build en Madrid
Berek·et: Design and Build para restaurante en A Coruña
Armonia: proyecto de diseño y construcción de oficina en Barcelona
Denodo: proyecto de diseño y construcción de oficina en Madrid
Blázquez & Astorga: diseño y construcción en oficina de abogados en Vigo
Hines: proyecto de obra y mobiliario en oficina en Barcelona
Sectores aos que nos diriximos.
A nosa pasión pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.