Carpintaría a medida e de deseño
Servizodecarpintaríaamedidaedededeseño.
Fabricamos sen límites calquera solución en madeira que faga que un espazo sexa inigualable.
Traballamos madeira, metal e solid surface para poder personalizar o teu espazo e optimizar a superficie dispoñible.
Pomos a túa disposición o noso equipo técnico para deseñar a solución que mellor encaixa e as nosas fábricas con maquinaria de última xeración repartidas por todo o país.
Nos nosos máis de 5.000 m2 de taller facemos realidade as ideas máis sofisticadas de carpintaría a medida en mobiliario, elementos especiais e compartimentación.
Co saber facer dos artesáns da madeira, os nosos proxectos de carpintaría de deseño son historicamente un dos nosos selos distintivos e o que nos dotou dun coñecemento e talento extraordinarios.
- Innovación nas nosas propostas e na maquinaria dos nosos talleres e obradoiros.
- Equipo especializadi en carpintaría, tanto os deseñadores gráficos e enxeñeiros da oficina técnica, como os operarios das fábricas.
- Tódolos recursos técnicos e humanos para producir e instalar calquera encargo.
- Na nosa procura pola sostibilidade, seguimos un Sistema de Dilixencia Debida e un Sistema de Cadea de Custodia e tamén contamos con certificados PEFC e FSC®.
Design&Build
Impulsa o teu proxecto connosco.
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura de interiores. Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para converter calquera idea en realidade.
O noso proceso Design&Build
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos de forma integrada.
Escoitamos
Sentámonos ao teu carón para falar sobre as túas necesidades e obxectivos. Desta forma, podemos ofrecer unha solución integral, diferencial e sen intermediarios.
Inspiramos
Mostrámoste de forma moi visual unha proposta de deseño personalizada, que achegue valor ao teu espazo, determinando prazos e custos.
Elaboramos
Ocupámonos de tódalas áreas e aspectos da obra, con perfís altamente cualificados, e do equipamento mobiliario e tecnolóxico, coas mellores marcas nacionais e internacionais.
Nutrimos
Unha vez finalizado o proxecto, poñémonos a túa disposición para estar ao teu carón cando xurda calquera necesidade adicional. Queremos acompañarte e crear unha relación a longo termo.
Carpintaría a medida para facer do teu espazo un lugar inigualable.
Se queres un espazo onde construír o teu futuro, escríbenos.
Proxectos relacionados.
Sectores aos que nos diriximos.
A nosa paixón pola arquitectura interior non ten límites. Deseñamos para organizacións de diversos sectores.