Servizo de Design&Build
ServizodeDesign&Build.
Un modelo de deseño e construción personalizado, integral e sen intermediarios para garantir a máxima calidade, control e rentabilidade.
Poñemos a túa disposición a nosa experiencia de máis de 25 anos, o noso equipo multidisciplinar e as nosas capacidades técnicas in-house para levar a cabo o teu proxecto, sexa cal sexa o alcance e o sector.
Desde un primeiro bosquexo ata o último detalle, actuamos como contratista único xestionando, controlando e executando todas e cada unha das fases da arquitectura interior do teu espazo.
Un proceso de construción integral coordinado e colaborativo, no que ti tes un único interlocutor, pero detrás del hai multitude de especialistas que traballan man a man para que cada fase se desenvolva baixo os prazos e custos iniciais, mantendo a funcionalidade e calidade demandada en cada proxecto.
Deseñamos e construímos un espazo á túa medida, de maneira integral e coa máxima flexibilidade, axilidade e enxeñaría de valor.
Impulsa o teu proxecto con nós.
Ofrecemos un servizo integral de arquitectura interior. Un equipo multidisciplinar e tódolos recursos necesarios para que cada idea se converta en realidade.
Encaixamos tódalas pezas para construír e adecuar espazos no menor tempo posible, co máximo control e da maneira máis flexible e eficiente.
Design&Build
Un proceso adaptado a ti
Tódolos medios técnicos e un equipo especialista para un servizo integral, sen intermediarios.
Un servizo integral realizado por profesionais expertos e especialistas en tódalas áreas, colaborando entre si para ofrecer unha enxeñaría de valor sen igual.
Somos plurais.
Temos experiencia en Workplace, Contract, Hospitality, Retail e máis sectores.